Horario: De 10:30 a 14:00 y de 16:00 a 20:30h. Cerramos los martes por la mañana y los domingos todo el día. | Contacto: [email protected] / 981 560 250

COSTAS, LEDICIA | Gregores, Bea

BRUXAS E DRAGÓNS: BABA IAGÁ

Un libro que non só se le… tamén se xoga!

Neste volume, o primeiro da colección, quen le convértese en protagonista absoluto da aventura. A partir da súa ficha persoal de personaxe, poderá decidir se seguir o Camiño da Espada ou o da Maxia, escoller obxectos, anotar puntos de vida e intelixencia e lanzarse á acción. Cada páxina é unha decisión: brandir a espada e combater con dados contra terribles criaturas ou aventurarse ou pronunciar arriscados conxuros que poden saír ben… ou moi mal. Ti decides o rumbo da viaxe, ti elixes os perigos que afrontarás e ti deseñas a túa propia historia.

Con mecánicas claras e accesibles, BRUXAS E DRAGÓNS propón unha experiencia narrativa e lúdica única, pensada para nenos e nenas. Unha porta de entrada perfecta ao universo dos libro-xogos, chea da emoción das grandes aventuras fantásticas e narrada cun estilo fresco e actual.
  • Editorial: Triqueta |
  • Páginas: 288 |
  • Dimensiones: 150x210 |
  • Idioma: castelán |
  • ISBN: 979-13-87501-42-6 |