Horario: De 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30h. Pechamos martes pola mañá e domingos todo o día. | Contacto: [email protected] / 981 560 250

Este artigo non está en tenda. Consulta a súa dispoñibilidade no teléfono 981560250 ou escribindo a [email protected]

Bowley, Tim

Xaime e as landras

Xaime plantou unha landra, pero…
antes de que puidese medrar
un esquío desenterrouna e agachouna.
Xaime plantou unha landra.
Xermolou e agromou da terra, pero...
Así comeza unha sucesión de escenas narradas de forma áxil,
breve e repetitiva; unha técnica recorrente nos contos
para primeiros lectores e de grande utilidade
para a súa narración oral, implicando o público infantil.
Xaime non se rende ante as adversidades e planta non unha,
senón moitas landras. Non se desanima cando os animais
esmagan ou comen os gromos; cando os nenos estragan
a árbore incipiente nin cando os madeireiros a tallan
ao facerse robusta... Porque ao final, unha das landras
de Xaime converterase co tempo nun carballo forte que dea…
máis landras.
  • Editorial: Kalandraka Editora |
  • Páxinas: 42 |
  • Dimensións: 220x220 |
  • Idioma: Galego |
  • ISBN: 978-84-8464-532-0 |