Horario: De 10:30 a 14:00 y de 16:00 a 20:30h. Cerramos los martes por la mañana y los domingos todo el día. | Contacto: [email protected] / 981 560 250

Uhlman, Fred

Reencontro

Reencontro é a historia da amizade entre dous mozos de dezaseis anos separados pola barbarie nazi.
Hans é fillo dun médico xudeu e Konradin é un aristócrata descendente dunha das familias máis antigas de Alemaña. As súas afinidades e o seu xeito de ver as cousas convérteos en amigos íntimos, pero cando Hitler chega ao poder, Konradin entra nas filas nazis e Hans ten que marchar de Alemaña.
Publicada en 1971, a novela traduciuse rapidamente e converteuse nun éxito mundial. Na base deste recoñecemento están a súa fondura, a súa emotiva sinxeleza e a súa capacidade evocativa, calidades que fan dela unha pequena obra mestra e un referente da literatura crítica co holocausto nazi.
  • Editorial: GALAXIA |
  • Páginas: 96 |
  • Dimensiones: 135x210 |
  • Idioma: Gallego |
  • ISBN: 978-84-1176-558-9 |