Nunha pensión alemá
Nunha pensión alemá é o primeiro libro de Katherine Mansfield. Publicado en 1911, o volume está composto por 13 relatos en gran medida inspirados pola estancia (obrigada por súa nai) da propia autora nunha pensión alemá para ocultar un embarazo extramarital. Nestas breves estampas cargadas de capacidade de observación, sutileza e ironía, Mansfield disecciona as relacións humanas nas que a narradora participa como protagonista ou como mera testemuña, poñendo especial atención nas fracturas comunicativas.
- Editorial: Irmás cartoné |
- Ano: 2015 |
- Páxinas: 144 |
- Dimensións: 128x198 |
- Idioma: Galego |
- Tradución: RECAREY RENDO, CELIA |
- ISBN: 978-84-942570-4-9 |