Horario: De 10:30 a 14:00 y de 16:00 a 20:30h. Cerramos los martes por la mañana y los domingos todo el día. | Contacto: [email protected] / 981 560 250

21 días de Arnela

Arnela, unha adolescente activista vegana, é internada nun centro de protección tras unha acción nunha cadea de hamburguesas. Durante vinte e un días, afronta a adaptación ás normas do centro, as relacións con outros residentes e a difícil reconstrución do vínculo materno.
As relacións con compañeiros como Briana, Charity e especialmente Ronin -un mozo trans con quen establece unha conexión especial- serven de espello para o autocoñecemento e a súa evolución emocional.
Escrita a xeito de diario, «21 días de Arnela» é unha historia de transformación, esperanza e aprendizaxe, que convida a reflexionar sobre os desafíos da adolescencia, a convivencia e a capacidade de atopar luz mesmo nos momentos máis escuros.
  • Editorial: Xerais |
  • Páginas: 152 |
  • Dimensiones: 135x210 |
  • Idioma: Gallego |
  • ISBN: 978-84-1110-795-2 |