A cornamusa máxica
Gran Bretaña, ano 552 d.C. Unha illa dividida recupérase dos efectos dunha peste que a arrasou. Trátase dunha terra gobernada pola espada, onde todos teñen que obedecer. Especialmente os nenos e as nenas agás Ina. Ela é diferente. Cos seus doce anos é quen de brandir un caxato de combate como unha guerreira, rastrexar presas como un cazador, ler e escribir Pero ser diferente ten un prezo. Ina vai ter que deixar o seu fogar, unha vila romana, para se embarcar nunha perigosa viaxe. Na súa bolsa de coiro leva a cornamusa máxica. Unha historia de perda, supervivencia e amizade na Europa do Reino Suevo de Galiza: a adaptación ao galego de Y Pibgorn Hud.
- Editorial: Boadicea |
- Páxinas: 250 |
- Dimensións: 145x205 |
- Idioma: castelán |
- Tradución: Rodríguez Durán, Jorge |
- ISBN: 979-13-991227-4-9 |