Horario: De 10:30 a 14:00 y de 16:00 a 20:30h. Cerramos los martes por la mañana y los domingos todo el día. | Contacto: [email protected] / 981 560 250

Rivas, Manuel

O lapis do carpinteiro

«O lapis do carpinteiro» é unha historia de amor, melancolía e liberdade. Un grande amor en tempo de guerra e posguerra que chega aos nosos días entre Marisa Mallo, unha fermosa moza de Fronteira, filla dunha familia reaccionaria, e o médico republicano Daniel Da Barca, posuídor da beleza tísica e seguidor da teoría da realidade intelixente do doutor Nóvoa Santos. Fronte a eles, a mirada escrutadora dun home que non tiña medo, Herbal, o garda da cadea da Falcona que verá restaurada a súa condición de ser humano por obra e graza de tantas formas de amor como o lapis do carpinteiro lle foi ensinando a debuxar.
«O lapis do carpinteiro» é testemuño dunha traxedia curativa, unha metáfora de todas as guerras, unha loita contra o esquecemento que demostra o poder salvífico do amor. Esta excepcional novela ficará no lector gravada coma un engrama, coma o suco dunha cicatriz que rescata o mellor da nosa memoria.
A novela galega con máis traducións a outras linguas. 100.000 exemplares vendidos en galego. Un fito e referente ineludible da nosa literatura.
Premio da Crítica Española, Premio Arcebispo Xoán de San Clemente, Premio da AELG, Premio Literario 50 aniversario da sección belga de Amnistía Internacional.
  • Editorial: Xerais |
  • Páginas: 168 |
  • Dimensiones: 160x230 |
  • Idioma: Gallego |
  • ISBN: 978-84-1110-831-7 |