CIENCIÓPOLE: A GRAN CARREIRA
A gran carreira anual chegou a Cienciópolis!
Os motores ruxen, o circuíto está preparado e os mellores pilotos da cidade dispóñense a competir. Mentres Lola Centella e Bruno Caparazón loitan pola vitoria, descubriremos todo o que se agocha detrás dun coche de carreiras: como se deseña e se constrúe, que papel desempeñan a aerodinámica, o motor e os pneumáticos, como actúa a forza G ou que sucede durante unha rapidísima parada en boxes.
Unha emocionante historia chea de acción que combina ficción e divulgación para achegar aos lectores máis novos á Fórmula 1, á ciencia, á tecnoloxía e á enxeñaría. Un libro sobre velocidade e tecnoloxía, pero tamén sobre amizade, traballo en equipo e deportividade.

- Editorial: Do cumio |
- Páxinas: 48 |
- Dimensións: 230x270 |
- Idioma: Galego |
- Tradución: MASCATO, VICTOR |
- ISBN: 978-84-8289-814-8 |