Horario: De 10:30 a 14:00 y de 16:00 a 20:30h. Cerramos los martes por la mañana y los domingos todo el día. | Contacto: [email protected] / 981 560 250

Este artículo no está en tienda. Consulta su dispomibilidad en el teléfono 981560250 o escribiendo a [email protected]

Mckee, David

Elmer. Libro e boneco

Unha edición especial en galego do clásico contemporáneo “Elmer”, agora con boneco. 
Había unha vez unha manda de elefantes. Elefantes novos, elefantes vellos, elefantes altos, elefantes gordos e delgados. Elefantes dunha maneira e doutra, todos diferentes, pero todos felices e da mesma cor. Todos menos Elmer. Elmer era diferente. Elmer era de cores… 
Así comeza este clásico imprescindible da Literatura Infantil e Xuvenil contemporánea, con máis de dez millóns de copias vendidas en todo o mundo. Un álbum que aborda con humor e con simpatía as dificultades para aceptarnos tal e como somos, e promove a tolerancia e o respecto á diversidade. 
Esta edición especial en formato pequeno, con encadernación en cartoné e esquinas arredondadas, inclúe un colorido e entrañable boneco de peluche do protagonista; o compañeiro ideal para compartir aventuras e confidencias ou para acompañar os máis pequenos na hora do conto e no seu descanso cada noite.
  • Editorial: Kalandraka Editora |
  • Páginas: 36 |
  • Dimensiones: 190x170 |
  • Idioma: Gallego |
  • Traducción: González Barreiro, Xosé Manuel |
  • ISBN: 978-84-1343-128-4 |