Horario: De 10:30 a 14:00 y de 16:00 a 20:30h. Cerramos los martes por la mañana y los domingos todo el día. | Contacto: [email protected] / 981 560 250

Rivas, Manuel

A revolución dos vagalumes

Como no peor pesadelo de ciencia ficción, unha maquinaria de facer desesperar tomou o mando do rumbo do planeta. Unha apisoadora de aceleración retrógrada. A descivilización. A atmosfera intoxicouse cun «mal de aire», un pesticida do pensamento, un herbicida das palabras, un novo DDT cos ingredientes do Despotismo, a Depredación, e un Terror semántico que volve proclamar a consigna máis canalla: «La guerra è bella!». Onde se foron de vacacións as conciencias «A revolución dos vagalumes» denuncia o conformismo das elites servís, intelectuais e mediáticas, e desarma os negacionismos. As palabras queren volver escoitar e dicir. Resistir ante este feísmo inmoral. Exercer o dereito a soñar sen medo. A humanidade comparte coa natureza unha esperanza sustentable, un reduto sagrado: a pulsión creativa, xerminal. Unha constelación do espertar.
  • Editorial: Xerais |
  • Páginas: 168 |
  • Dimensiones: 150x215 |
  • Idioma: Gallego |
  • ISBN: 978-84-1110-892-8 |