Horario: De 10:30 a 14:00 y de 16:00 a 20:30h. Cerramos los martes por la mañana y los domingos todo el día. | Contacto: [email protected] / 981 560 250

Quintiá, Xerardo

A miseria (Premio de Narrativa Breve Repsol 2026)

PREMIO DE NARRATIVA BREVE REPSOL 2026 No medio dunha cidade ateigada de guindastres onde os edificios non paran de crecer, A miseria amósanos a físgoa pola que, nun determinado momento, todo se vén abaixo, nomeadamente para os máis febles. Como forma de procurar a beleza e de afrontar a debacle, o narrador enfócase nos pequenos detalles coma se fosen luminarias. Así, nesta novela de fonda sensibilidade humana, o percorrido das personaxes e a súa loita pola dignidade dentro dun sistema que os devora vaise entrecruzando con figuriñas de papiroflexia, cunha bandada de estorniños e con cisnes que cantan antes de morrer. De fondo, sempre, o amor, como unha forza que devasta e, á vez, redime.
  • Editorial: GALAXIA |
  • Páginas: 142 |
  • Dimensiones: 150x230 |
  • Idioma: Gallego |
  • ISBN: 978-84-1176-652-4 |