Horario: De 10:30 a 14:00 y de 16:00 a 20:30h. Cerramos los martes por la mañana y los domingos todo el día. | Contacto: [email protected] / 981 560 250

Risari, Guia

Noite de Lúa

Unha invitación a contemplar e compartir a beleza da Lúa.
Aprendera dende pequeno a mirar o ceo e a noite, sobre todo a maxestosa saída da Lúa. “Dime, Lúa, como estás? “, preguntaba Paulo. “Baixa, por favor. Gustaríame tanto que todos aquí puidesen admirarte...” A Lúa non respondía e non se movía nin un centímetro, ata que unha noite comezou a descender. 
Escrito por Guia Risari cunha linguaxe poética e evocadora e ilustrado por Paulo Domeniconi con gran detallismo e cun brillante tratamento da luz, “Noite de Lúa” é un álbum ilustrado no que texto e imaxe conflúen de maneira harmónica para narrar unha historia tenra e emotiva sobre a necesidade da beleza e a importancia de compartila e gozala en colectivo.
Unha proposta fascinante para lectoras e lectores de todas as idades que nos convida a descubrir a beleza da Lúa —inesgotable fonte de inspiración para a creación artística— e nos envolve na súa atmosfera onírica chea de misterio e curiosidade.
  • Editorial: Kalandraka Editora |
  • Páginas: 28 |
  • Dimensiones: 220x295 |
  • Idioma: Gallego |
  • Traducción: RODRÍGUEZ, MANUELA |
  • ISBN: 978-84-1343-475-9 |