Horario: De 10:30 a 14:00 y de 16:00 a 20:30h. Cerramos los martes por la mañana y los domingos todo el día. | Contacto: [email protected] / 981 560 250

Este artículo no está en tienda. Consulta su dispomibilidad en el teléfono 981560250 o escribiendo a [email protected]

DAPORTA, MON

Un becho estraño (Formato grande)

Un imprescindible dos Libros para soñar nun formato grande, ideal para contar e compartir.. Mira que mira mirando, atopei un becho estraño, coa feitura dun ovo: gordo arriba, abaixo fraco. Tiña por riba dous pés, entre os pés, un longo rabo... Que becho será o que vive neste libro sen final Un álbum no que, páxina a páxina e rima a rima, a suma de elementos transforma unha estraña criatura nun divertido rato que máis tarde regresa á súa forma inicial da mesma maneira. En cada dobre páxina, o texto ao pé da imaxe acompaña o lector ata o final indicando como xirar o libro para volver comezar e continuar a historia, recreando así a estrutura dos populares contos de nunca acabar. Unha nova edición dun imprescindible dos Libros para soñar do que se venderon máis de 50.000 exemplares desde a súa publicación.
  • Editorial: Kalandraka Editora |
  • Páginas: 14 |
  • Dimensiones: 265x330 |
  • Idioma: Gallego |
  • ISBN: 978-84-1343-455-1 |