Horario: De 10:30 a 14:00 y de 16:00 a 20:30h. Cerramos los martes por la mañana y los domingos todo el día. | Contacto: [email protected] / 981 560 250

Girón, Maria

Bim Bam Bum (Acartonado)

Un álbum premiado que celebra a amizade e a infancia nunha nova edición acartonada ideal para prelectores.
Bim, Bam e Bum van á praia e, polo camiño, irán sumándose a eles novos amigos para pasar unha divertida tarde á beira do mar. Xuntos formarán un grupo de bañistas moi peculiar cuxos nomes servirán de punto de partida para os máis disparatados e poéticos xogos de palabras.
Un álbum que celebra a amizade e unha reivindicación do xogo infantil baseado na liberdade, no movemento e na imaxinación fronte ao sedentarismo. Un relato cheo de sorpresas, sinxelo e musical, cun ritmo vibrante que anima a continuar a súa lectura ata o final e combina algúns recursos da tradición oral, como os acumulativos e as repeticións, con outros propios das vangardas artísticas, como os xogos fonéticos. 
Un Premio Compostela que conserva o humor e a frescura da súa primeira edición e que chega novamente ás librarías nun formato acartonado ideal para compartir cos lectores e lectoras máis pequenos.
  • Editorial: Kalandraka Editora |
  • Páginas: 40 |
  • Dimensiones: 280x200 |
  • Idioma: Gallego |
  • ISBN: 978-84-1343-464-3 |