Buenos Aires, escenarios de Luis Seoane
A relación entre Luis Seoane e Bos Aires, cidade na que o artista galego desenvolveu gran parte da súa traxectoria artística, protagonizaron entre os meses de outubro e decembro de 2007 a exposición Buenos Aires. Escenarios de Luis Seoane, un proxecto comisariado polo historiador da Arte e profesor da Universidade de Granada Rodrigo Gutiérrez Viñuales. O catálogo da mostra reúne un conxunto de textos de especialistas arxentinos e galegos que afondan na dimensión humana do pintor e os seus vínculos coa capital bonaerense, ademais de analizar diferentes cuestións relativas á arte arxentina nos períodos 1936-1963 e 1963-1979 e as diferentes visións do concepto de galeguismo sostidas a ambos lados do Atlántico. O volume inclúe unha completa e revisada cronoloxía biográfica do artista.
- Editorial: Fundación Luis Seoane |
- Páginas: 520 |
- Dimensiones: 210x280 |
- Idioma: Gallego |
- Traducción: BARCIA, MOISÉS |
- ISBN: 978-84-611-9457-5 |