Lamentacións dun prepucio
Lamentacións dun prepucio revela episodios da infancia e adolescencia do autor nunha comunidade xudía ortodoxa estricta e rememora a súa rebelión e esforzos por emanciparse, a través da pornografía, a comida non kosher, a marihuana, o furto e a masturbación compulsiva, ata acadar unha vida practicamente laica. Porén, o autor segue crendo de xeito abafante, incurable e miserable. Agora que vai ter un fillo, debátese entre cortarlle o prepucio ou esperar algo peor ca a morte.
Comparado en varias ocasións con Woody Allen e Phillip Roth, Shalom Auslander brinda un rico e fascinante retrato dun home pelexando coa fe e a familia cunha mestura de humor e ira.
Comparado en varias ocasións con Woody Allen e Phillip Roth, Shalom Auslander brinda un rico e fascinante retrato dun home pelexando coa fe e a familia cunha mestura de humor e ira.
- Editorial: Rinoceronte Editora |
- Ano: 2015 |
- Páxinas: 286 |
- Dimensións: 135x210 |
- Idioma: Galego |
- Tradución: SALGUEIRO RODRÍGUEZ, RAFAEL |
- ISBN: 978-84-92866-71-7 |