Rigorosamente humano
A voz poética de Manuel Álvarez Torneiro necesita espazo porque arrastra ecos dunha memoria en permanente estado
de alerta. ?Rigorosamente humano? ergue, cos cachotes
do tempo, un castelo onde o corazón aprende a facerse forte.
Este poemario é un refuxio de sílabas e de cores, de filmes
e de melodías; desde o efémero, certamente, e contra
o efémero, asemade; canda os beatos de Cluny e Bach
e Leopardi; e tamén con nosoutros todos, os seus lectores agradecidos por tanta alquimia lírica.
Reina nestas páxinas, feramente oceánica e rigorosamente humana, a beleza convocada sempre e máis despois.
A beleza como nación do poema?
A beleza, ese espazo necesario, ese proxecto ou expectativa
de remedio curativo, ?ese interior de auga que se pensa na sede?, como reza nun dos fermosos poemas deste libro que a colección Tambo rescata na súa versión definitiva agora, 20 anos despois
da súa primeira publicación, tras recibir o Premio Esquío.

- Editorial: Faktoría K de Libros |
- Páginas: 96 |
- Dimensiones: 145x210 |
- Idioma: castelán |
- Ilustración: SOLLA, LOLA |
- ISBN: 978-84-15250-89-0 |