Horarios: Luns a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

Xosé Luis Suárez Canal | Sendón, Manuel

José Suárez. Uns ollos vivos que pensan

Cando detrás do espello / da cámara escura hai uns / ollos vivos que pensan. José Bergamín

Catálogo da exposición 'José Suárez. Uns ollos que pensan', da Cidade da Cultura de Galicia comisariada por Xosé Luis Suárez Canal e Manuel Sendón. José Suárez é un fotógrafo absolutamente singular dentro da fotografía histórica galega. As súas imaxes teñen unhas características moi definidas, que se manteñen durante toda a súa longa traxectoria fotográfica, produto dunha visión reflexiva, moi persoal, determinada por unha rica formación cultural, que lle dá un claro carácter de autor do que carecen xeralmente os fotógrafos profesionais históricos.
  • Editorial: Fundación Cidade da Cultura |
  • Ano: 2015 |
  • Páxinas: 281 |
  • Dimensións: 210x260 |
  • Idioma: Galego |
  • ISBN: 978-84-453-5198-7 |