A Libraría NUMAX acolle a presentación do libro Remover la tierra (Sigilo) de Antonio Sánchez Gómez. O autor estará acompañado de Isabel García Vila, integrante da Plataforma Mina Touro - O Pino NON. Estarán presentes outros colectivos que apoian a presentación como o Sindicato Labrego Galego, Enxeñería sen Fronteiras, Ecoloxistas en Acción e Amigas da Terra. A entrada é libre ata completar aforo.