A Libraría NUMAX acolle a presentación do «Caderno FICBUEU#5: Jonas Mekas. O cinema como arte da memoria»

A docente e investigadora Nieves Febrer presenta Caderno FICBUEU#5: Jonas Mekas. O cinema como arte da memoria (FICBUEU) na Libraría NUMAX. Será o xoves 24 de abril ás 19:00h. Ao rematar a presentación haberá unha proxección de curtametraxes de Jonas Mekas na sala de cinema, para a que é preciso mercar entrada. O acceso para a presentación é libre ata completar aforo.
O Caderno FICBUEU #5 está elaborado pola investigadora, docente e fotógrafa musical Nieves Febrer e aborda a figura do cineasta Jonas Mekas, a quen se lle dedica a Sección Retrospectiva do festival. O cineasta foi unha figura clave na escena artística e cinematográfica de Nova York, especialmente durante as décadas de 1950 e 1960, e é unha das figuras máis célebres do cinema independente.