Marcos Abalde visita a Libraría NUMAX para presentar o poemario «Exhumación»

Marcos Abalde (Vigo, 1982) presentará na Libraría NUMAX o seu último libro, Exhumación, co que vén de gañar o Premio Manuel Lueiro Rey. O acto terá lugar o xoves 22 de setembro ás 20:00.
(Imaxe: Sandra Alonso)
O xurado do premio Manuel Lueiro Rey salientou que en Exhumación, editado por Xerais, se sente «o tempero dunha voz moi afinada, chea de resonancias e lecturas que o autor soubo procesar para ofrecer unha aproximación ben persoal a temas e motivos entre os que a memoria dos desfavorecidos, represaliados e desherdados resulta decisiva».
Marcos Abalde conta cunha obra importante inzada de premios como o Josep Robrenyó, coa experimental Canibalismo ou o Premio Álvaro Cunqueiro acadado coa obra teatral A cegueira. Outros textos destacados do autor son A saga de Iacobsland ou Oenach.
- Hoxe
- Ver máis
-
-
A viaxeira
VOSE
-
-
French Cancan
VOSE
-
-
Muy lejos
VO
-
-
-
A viaxeira
VOSE