Libraría

Aberta a inscrición para o club de lectura NUMAX – Irmás Cartoné de 2023

PRAZAS ESGOTADAS. Volve o Club de Lectura organizado entre a Libraría NUMAX e a editorial Irmás Cartoné. Neste primeiro bloque temático de 2023, coordinado por Carlos Valdés e Celia Recarey, as lecturas centraránse na amizade como tema. A actividade conta co apoio do Concello de Santiago de Compostela. 

Neste primeiro cuadrimestre, que irá de marzo a xuño de 2023, a temática será a amizade e leranse os seguintes títulos de narrativa, un por mes: en marzo Nubosidad variable de Carmen Martín Gaite (Anagrama); en abril Tiempos de swing de Zadie Smith (Salamandra); en maio Xente normal de Sally Rooney (Rinoceronte); e en xuño Canciones de amor a quemarropa de Nickolas Butler (Libros del Asteroide). As sesións terán lugar os últimos martes de cada mes.

O club de lectura de NUMAX e Irmás Cartoné é de inscrición gratuíta. Para apuntarte é necesario escribir ao correo electrónico [email protected] indicando o nome, apelidos e contacto de teléfono (importante indicar estes 3 datos). A inscrición será por rigurosa orde de chegada das solicitudes.

Máis información sobre o funcionamento do club de lectura:

  • A libraría ofrecerá un 5% de desconto ás persoas que se anoten no clube de lectura e que queiran mercar os libros propostos en NUMAX. 
  • As sesións serán de periodicidade mensual, cunha duración de aproximadamente dúas horas e terán lugar na libraría NUMAX, os últimos martes de cada mes a partir das 20.00 da tarde.