NUMAX

Entradas gratuítas e estupendas vantaxes co novo abono de NUMAX

Aínda non sabes que podes abonarte ao Cinema NUMAX? Estás pensando en renovar? Presentámosche as estupendas vantaxes do novo abono. Con vir a 1 sesión ao mes ao longo dun ano xa che compensa!

A partir de agora, ao dar de alta o teu novo abono ou activar a renovación tes dereito automaticamente a 1 entrada gratuíta. Ademais, mentres estea activo o teu abono, cada vez que veñas a 10 sesións a seguinte tamén che sae de balde.

O abono xeral de NUMAX custa 35€/ano e dáche dereito a unha tarifa reducida de 4€ nas túas entradas, xa sexan entre semana, fins de semana ou festivos. Se tes menos de 25 anos e carné de estudante, es maior de 65 ou menor de 18 tes dereito ao abono reducido coas mesmas vantaxes por só 20€ ao ano.

O abono colabora, cun prezo de 110€/ano, suma ás vantaxes do abono xeral unha tarxeta de 10 entradas gratuítas que pode empregar a persoa abonada ou agasallar. Ademais o colabora dá acceso gratuíto aos pases especiais presentados por cineastas e ao ciclo Os ollos verdes.

E non esquezas o 5% de desconto sempre nas túas compras da Libraría con calquera modalidade de abono.

ABÓNATE XA PREMENDO AQUÍ

NUMAX somos unha cooperativa de traballo asociado sen ánimo de lucro que levamos 4 anos sendo a única sala de cinema independente de Galicia que proxecta só en versión orixinal subtitulada. Ademais somos a primeira e única sala galega na rede internacional Europa Cinemas e o primeiro cinema en cooperativa estatal. Ao abonarte, renovar ou agasallar o novo abono de NUMAX estás a apoiar un cinema que é moito máis ca un cinema. Grazas!