Libraría

Adrián Maceda presenta o poemario «A Trasnoite» na Libraría NUMAX

O poeta Adrián Maceda presenta o libro A Trasnoite o vindeiro venres 1 de marzo ás 20h30 na Libraría NUMAX acompañado polas poetas Olalla Cociña e Jesús Castro Yáñez. A entrada é libre ata completar aforo.

Esta obra rende homenaxe á literatura gótica e ao cine teenager estadounidense. O autor tráenos un libro de vampiros coming of age, pero tamén un poemario depurado (que non trasnoitado) que xoga coa lingua ata o delirio.

Adrián Maceda (Escairón, O Saviñao, 1997) inda escribe. Recibiu o XIII Premio Internacionalde Poesía Antonio Gala de Alhaurín el Grande; o Terceiro e o segundo premio, respectivamente,no XXI e XXII Premio de poesía Díaz Jácome; e nada na meirande parte das veces que seinvolucra en premios. Obtivo unha bolsa de creación na Residencia de Estudiantes de Madridpor unha reescritura vangardista de cantigas galego-portuguesas, Mester de habladuría, que non viua luz. Gústalle a poesía que non gusta, os animais que falan e a praxe anarcovampírica. ATrasnoite (Malafera, 2024) é o seu libro máis querido.