Afinidades Electivas 2024: encontro literario con Anna Pacheco e Ismael Ramos
A escritora e xornalista Anna Pacheco e o poeta Ismael Ramos estarán o venres 20 de setembro ás 20:00 na Libraría NUMAX para celebrar un encontro literario enmarcado dentro do programa Afinidades Electivas. A actividade está promovida pola Dirección Xeral do Libro, do Cómic e da Lectura do Ministerio de Cultura e Deporte.
Neste encontro, Anna Pacheco e Ismael Ramos manterán unha conversa que xirará arredor da precariedade laboral e emocional e doutras problemáticas como a vivenda, a turistificación ou o xénero, temas que vertebran os discursos narrativos e poéticos e que tamén trascenden á opinión pública grazas as súas intervencións en prensa (eldiario.es, El Salto) e no podcast Ciberlocutorio.
Afinidades electivas é un programa de animación lectora promovido pola Dirección Xeral do Libro, do Cómico e da Lectura do Ministerio de Cultura. Os seus obxectivos son, por unha parte, impulsar a actividade en librarías independentes, e por outra, apoiar a creación literaria promevendo a difusión lingüística e cultural.
Anna Pacheco (Barcelona, 1991) é xornalista e escritora especializada en temas sociais, traballo, feminismos e cultura popular con perspectiva de clase y xénero. Máster en Antropoloxía Social, é autora da novela Listas, guapas, limpias e coautora do podcast Ciberlocutorio. Colaborou en medios como El País, El Salto, El Diario e Planta baixa (TV3), entre outros. En Anagrama publicou Estuve aquí y me acordé de nosotros, unha radiografía brillante das dinámicas laborais no sector do turismo.
Ismael Ramos (Mazaricos, 1994) é autor dos poemarios Lixeiro (Premio Nacional de Poesía Joven “Miguel Hernández”; Xerais, 2021), Lumes (Premio “Javier Morote” de Las Librerías Recomiendan; Apiario, 2017) e Os fillos da fame (Premio Xohán Carballeira de Poesía; Xerais, 2016). Algúns dos seus libros foron traducidos ao catalán (Focs, de próxima aparición), castelán (Fuegos e Ligero en La Bella Varsovia) e portugués (Fogos en do lado esquerdo editora), e poemas seus viron a luz en revistas e antoloxías en linguas como o finés, o francés, o húngaro, o inglés ou o italiano. Como articulista recibiu o Premio de Xornalismo Manuel Lueiro Rey (2022) e colabora habitualmente en elDiario.es.
- Hoxe
- Ver máis
-
-
-
As margaridas
VOSE
-
-
No Other Land
VOSE
-
-
Emilia Pérez
VOSE
-
-
Bird
VOSG