Libraría

O escritor pobrense Alfonso Castillo presenta «Lo que sueñan los perros»

Na Libraría NUMAX non paramos! Este venres 16 de marzo ás 20:00 recibimos a visita do guionista, xornalista e escritor Alfonso Castillo (A Pobra do Caramiñal, 1985) para nos presentar a súa primeira novela, Lo que sueñan los perros. No acto estará acompañado por Manuel Burraco Gaitán e Zacarías Lara da Editorial Barrett.

Lo que sueñan los perros presenta unha historia onde a conversión do ser humano en can é o desencadeante perfecto para tratar o tema da perda dun ser querido. Máis de cinco anos de traballo para dar forma a unha novela sobre a perda da forma humana. Unha volta ao esencial contada desde esta nova sociedade canina.

En que soñan os cans? Quizais en parecerse ao seus donos? En ter polgares e poder facer lume? Os habitantes de Lútaca amencen convertidos en cans, incluído Baltasar Bellaterra, que non acepta a súa nova natureza e descobre que perder a condición humana non é moi diferente que perder a un ser querido. Porén, grazas á súa veciña adolescente, aprenderá a loitar por sobrevivir no seu novo corpo.

«O que soñan os cans, un libro que belisca a tristura» (Cadena SER)