Libraría

NUMAX leva á biblioteca Ánxel Casal a presentación de «La fuerza de los débiles» de Amador Fernández Savater

Neste mes de setembro a Libraría NUMAX realiza a súa segunda saída á rúa para levar á Biblioteca Ánxel Casal a presentación do libro La fuerza de los débiles (Akal, 2021) do escritor e activista Amador Fernández Savater. O acto será o venres 24 de setembro ás 19:30 no Salón de Actos. Xunto ao autor estará o profesor e investigador Germán Labrador. Colaboran a editorial Akal e o colectivo Emerxencia Cultural Ourense.

No novo libro de Amador Fernández Savater, La fuerza de los débiles (Akal, 2021), que apareceu coa celebración do décimo aniversario do movemento 15-M, o autor realiza unha descripción e un balance da potencia daquel movemento político e social anómalo e acéfalo. Un ensaio que busca entender como se fai posible un cambio político “desde abaixo” ou de onde sacou o 15-M a súa forza de desafío para rematar por reconstruír o que aconteceu para que toda esa potencia se desactivase. Para asegurar máis aforo, a presentación realizarase no salón de actos da Biblioteca Ánxel Casal. Será o venres 24 de setembro ás 19:30 e no acto o autor estará acompañado polo profesor e investigador Germán Labrador. 

A entrada é libre ata completar aforo da sala. As persoas interesadas en asistir ao acto deberán recoller unha invitación no mostrador de información da biblioteca 30 minutos antes do comezo. As invitacións entregaránse por rigorosa orde de chegada. Todas as persoas deben levar máscara durante o desenvolvemento da actividade. 

Amador Fernández Savater (Madrid, 1974) é editor, escritor, activista e pensador crítico e participou activamente en diferentes movementos colectivos e de base en Madrid. É autor de libros como Filosofía y acción (Editorial Límite, 1999), Fuera de lugar. Conversaciones entre crisis y transformación (Antonio Machado, 2013), Habitar y gobernar. Inspiraciones para una nueva concepción política (Ned, 2020) e La fuerza de los débiles (Akal, 2021). Codirixiu a editorial Acuarela Libros e a revista Archipiélago e formou parte do radio Una línea sobre el mar dedicado á «filosofía de garaxe». Tamén escribe para os medios dixitais El Diario e Contexto.