Encontro arredor da publicación «Anna Turbau. Galicia, 1975-1979»
Con motivo da presentación do libro Anna Turbau. Galicia, 1975-1979, editada polo Consello da Cultura Galega e que acompaña a exposición A intimidade da imaxe. Anna Turbau. Galicia 1975-1979, que se pode visitar no Colexio de Fonseca ata o 16 de xaneiro de 2018, celebramos un encontro con Anna Turbau. No acto, que terá lugar o martes 19 de decembro ás 20:30 na Libraría NUMAX, intervirán a coordinadora da publicación Natalia Poncela, a comisaria da exposición Margarita Ledo, e os responsábeis da gráfica de ambos proxectos, Antonio Doñate e X.Carlos Hidalgo, do Laboratorio NUMAX.
Anna Turbau. Galicia, 1975-1979 recolle unha selección dos máis de 10.000 negativos tirados nese intervalo de anos e que a fotógrafa vén de depositar no Consello da Cultura Galega. A través da escolma e ordenación deste legado, así como dos textos que o acompañan, o volume tenta contextualizar a súa obra, que recolle momentos senlleiros da Transición a través da ollada de Turbau, que viviu en Galicia durante ese periodo como fotoxornalista.
- Hoxe
- Ver máis
-
-
-
-
Oh, Canada
VOSG
-
-
Parthenope
VOSE
-
-
Parthenope
VOSE