Librería

Antón Baamonde presenta «Agora non é antes» na Libraría NUMAX

A Libraría NUMAX acolle a presentación do ensario Agora non é antes. Ideas para unha revolución tranquila (Editorial Galaxia) de Antón Baamonde o mércores 25 de febreiro ás 19h. O autor estará acompañado pola xornalista e escritora Marga Tojo. A entrada é libre ata completar aforo.

Agora non é antes. Ideas para unha revolución tranquila le Galicia doutra maneira. Combater os clixés, transformar o modo en que nos imaxinamos, abandonar as retóricas da pasividade, enfocar o país dun modo máis plausible, é o que propón este libro. Galicia está acabando a gran transformación que se produciu no último medio século e, á vez, entrando nun momento crucial da súa historia. Na acelerada e tormentosa inflexión mundial que se está producindo haberá unha nova oportunidade? Sería posible unha revolución tranquila? Sería posible que o fenomenal cambio económico e social que viviu Galicia nas últimas décadas abrise o camiño a unha transformación política e cultural? Sería posible un camiño propio, un modelo de modernización coherente, unha nova narrativa colectiva? Sería posible, indo máis aló, unha Galicia que axude a construír unha España policéntrica e un pacto federal, integrada na UE?

Antón Baamonde (Vilalba, 1959). Filósofo, ensaísta e articulista. Nos seus últimos libros, Unha Nova Olanda (2021) e Galicia, distrito Industrial. Conversas con Daniel Hermosilla (2024), todos eles publicados en Editorial Galaxia, intenta entender e captar o país con outro ángulo, distinto do usual. A esas obras vén sumarse Agora non é antes. Ideas para unha revolución tranquila, que pretente axudara resolver o crebacabezas. 

Fotografía © Helena Rodríguez