Libraría

Antonio Doñate presenta o libro «La ilusión» na Libraría NUMAX

O escritor e deseñador gráfico Antonio Doñate estará o próximo mércores 7 de decembro ás 20:30h na Libraría NUMAX para presentar o seu último libro «La ilusión» editado por La Documental. No acto, o autor estará acompañado polo editor Álvaro de los Ángeles; Cristina García Parga e X.Carlos Hidalgo. A entrada é libre ata completar aforo.

«La ilusión» reúne unha trintena de textos de Antonio Doñate escritos entre 2002 e 2022, que se publicaron na súa maioría en blogs persoais ou colectivos, suplementos culturais, revistas de espazos alternativos ou libros de autorías variadas. Estes textos repasan algúns dos cambios estéticos, formativos e informacionais das sociedades contemporáneas e tratan temas como a música pop, o deseño gráfico, o arte contemporáneo, as novas políticas, as maternidades conscientes ou as complexidades educativas (entre outros), que fan de recipientes onde verter opinións propias e miradas panorámicas. Un auténtico manual de uso dos cambios vitais, estéticos e ideolóxicos acaecidos nos últimos vinte anos. Na súa edición de La Documental, os textos van acompañados por varias fotografías analóxicas de Carmen Gray, unha maneira de establecer un diálogo do texto con aspectos da vida cotiá.  A presentación, que se celebrará o mércores 7 de decembro ás 20:30h na Libraría NUMAX, o autor estará acompañada polo editor Álvaro de los Ángeles, que se conectará en director dende Valencia; Cristina García Parga e X.Carlos Hidalgo. A entrada é libre ata completar aforo. 

Antonio Doñate naceu en Madrid en 1969. É licenciado en Belas Artes, traballou como deseñador gráfico mantendo o estudo Don Gráfica ata a súa entrada como socio na cooperativa NUMAX. En 2009 publicou a súa primeira novela, La paz social, a súa segunda chegaría en 2011 co título Acceso al comportamiento, as dúas editadas por Caballo de Troya. Foi parte fundadora da Revista Fe (1995-2000), sostivo os blogs Enfermedades modernas; Protesta y romance; e coordinou o blog colectivo Sobre as cousas. Tamén foi columnista cultural do desaparecido Xornal de Galicia. Actualmente é docente das Escolas de Arte e Superior de Deseño de Galicia.