A Libraría NUMAX acolle unha conversa e lectura entre as poetas Branca Trigo e Alfredo Vázquez, de Malafera edicións
A Libraría NUMAX acollerá o próximo venres 21 de xuño ás 19:00h a conversa entre as poetas Branca Trigo e Alfredo Vázquez, e a lectura das súas últimas obras trans0 e Trítono, respectivamente. A entrada é libre ata completar aforo.
Branca Trigo (Vigo, 1997) Codirixe a editorial Malafera, onde publicou o seu libro Coñecemento do Medo en 2021, e organiza xunto con outres autores o micro aberto Cerimonia de gaivotas. O seu segundo poemario, Condolore, viu a luz no ano 2022 da man da editora Urutau. Participou en diversas publicacións colectivas como o volume A lingua en futuro: a mocidade imaxina o 2050 (Catroventos, 2023) e a antoloxía LGBTQIA Alguén nos lembrará (Xerais, 2023); e gañou certames de poesía coma o do Concello de Ames e o da Universidade de Vigo.
Alfredo Vázquez (花火), nado na Ribeiriña, é escritor e codirector de Malafera, onde publicou os fanzines Os catro selos e Gardar como… e o poemario trítono. Participou en diversos s festivais e publicacións colectivas, e colabora habitualmente no espazo Cerimonia de gaivotas. A dor, as adiccións, a depresión e a ruptura co pasado rural artellan a súa obra.
- Hoxe
- Ver máis
-
-
-
As margaridas
VOSE
-
-
No Other Land
VOSE
-
-
Emilia Pérez
VOSE
-
-
Bird
VOSG