Cinema

Consegue un cartaz oficial de BELLE coa precompra da túa entrada

O 25 de marzo estreamos Belle, de Mamoru Hosoda, un dos grandes anime da tempada. Grazas á colaboración de Sherlock Films, se reservas a túa entrada anticipada até o domingo 13 conseguirás un cartaz oficial do filme. Sen sorteos.

Ata o próximo domingo 13 de marzo podes conseguir un poster edición limitada da película de anime Belle de Mamoru Hosoda de maneira gratuíta e sen sorteos. Que tes que facer? Pois abonda con que merques a túa entrada en prevenda, en taquilla ou na nosa web, exclusivamente entre os días 4 e 13 de marzo (ambos incluídos). Entradas: https://numax.org/cinema/ficha/belle

Unha vez rematada esta promoción, os posters poderán recollerse en NUMAX a partir do 25 de marzo, data da estrea oficial en salas. Esta promoción conta coa colaboración da distribuidora do filme, Sherlock Films.

SINOPSE
Suzu é unha estudante de secundaria que vive nunha pequena vila de Xapón co seu pai. Pero ninguén sabe que leva unha doble vida en "U", un mundo virtual onde o seu avatar Belle, é unha icona musical con máis de cinco mil millóns de seguidores. Sen embargo, cando aparece unha misteriosa criatura chamada Bestia no mundo de "U", as dúas identidades de Suzu entrarán en conflicto, cambiando a súa vida para sempre. Esta versión de A Bela e a Besta trasladada ao mundo de internet estreouse no pasado festival de Cannes, pasou polo festival de Sitges e gañou o Locarno Kids Award e o Premio Especial do Xurado no Animation is Film de L.A.