Berio Molina presenta «Setras», un tratado sobre a acción sonora da caligrafía
O xoves 7 de decembro ás 20:00 a Libraría NUMAX acollerá a presentación de Setras, de Berio Molina, coa presenza do autor. Setras recibiu o Premio Especial do Xurado nos Puchi Awards 2017, proxecto internacional de Fulgencio Pimentel e La Casa Encendida que busca premiar as propostas de libro máis brillantes e anovadoras. A obra pode definirse como un estudo sobre o son que emana do acto de escribir: un tratado sobre a acción sonora da caligrafía.
(Imaxe: o artista durante unha intervención)
Berio Molina (Fonsagrada, 1979) é un artista formado na Facultade de Belas Artes de Pontevedra, na Universidade Pompeu Fabra de Barcelona e no R.I.T. Rochester Institute of Technology de Nova Iorque, onde presentou a tese Augmented Sound (Son aumentado), sobre interación sonora con obxectos físicos. A súa actividade xira arredor da arte sonora, de acción e interactiva. Formou parte de diversos colectivos como o grupo de arte e acción Flexo, o colectivo ligado ao paisaxismo sonoro escoitar.org ou o colectivo de arte e acción libre Alg-a. Xunto a Isaac Cordal administra o netabel Alg-a, selo discográfico na rede de arte sonora.
Setras é un libro sobre a acción sonora na caligrafía ou sobre como soan as letras ao escribirse. Desprega un alfabeto a medio camiño entre a poesía e o ensaio, que se enfoca dende puntos de vista como a física, a arte sonora, a arte de acción, o absurdo e o humor. O libro inclúe un disco de sucos pechados onde cada setra se converte nun bucle infinito, conformando unha fantástica e imaxinativa biblioteca de samples para a creación sonora.
A obra recibiu o Premio Especial do Xurado na primeira edición do Puchi Awards, proxecto internacional da editorial Fulgencio Pimentel e La Casa Encendida que procura premiar as propostas de libro máis brillantes e anovadoras, sen renunciar a ningún xénero, centrándose unicamente na súa ousadía e o seu vencello coas distintas linguaxes contemporáneas. O xurado estivo composto por representantes de FP e LCE, así como do editor e fundador de Pre-Textos Manuel Borrás e do músico e creador multimedia escocés Nick Currie, Momus. A publicación deste libro “imposíbel e herético”, segundo describen desde a editora, foi posíbel grazas á colaboración de Fundación Mayeusis.
- Hoxe
- Ver máis
-
-
-
-
Parthenope
VOSE
-
-
Oh, Canada
VOSG
-
-
Parthenope
VOSE