Chus Pato presenta o poemario «Sonora» na Libraría NUMAX
A poeta Chus Pato presentará o seu último poemario Sonora (Xerais) o vindeiro mércores 7 de febreiro ás 20h30 na Libraría NUMAX. A autora estará acompañada das poetas Alba Cid e Antón Blanco. Entrada libre ata completar aforo.
Sonora é unha conversa entre o poema e a morte. Sonoro é o ollo do lago: algo cae e produce nove acordes, nove ondas no fulgor da noite. Sonora é a alianza que se herda, o anel que grava o nome na cara interna do metal. Sonoro é o coito, a éxtase. Sonora, a orfandade materna que sitúa a escrita deste libro na rompente da estirpe.
Chus Pato é unha das voces máis representativas da poesía galega contemporánea. É autora de doce poemarios, publicados entre 1991 e 2023, polos que recibiu varios premios, como o Nacional da Crítica Española e, en dúas ocasións, o Losada Dieguez, así como o Premio Mondoñedo 10. Ademais da súa importante proxección no ámbito anglosaxón, os seus libros foron editados en países como Arxentina, Portugal, Holanda ou Bulgaria, e a súa obra foi recollida en decenas de antoloxías nacionais e internacionais.
- Hoxe
- Ver máis
-
-
Oh, Canada
VOSG
-
-
Parthenope
VOSE