O Cinema NUMAX e o Cineclube Mazarelos proxectan «Raparigas de uniforme»

Mañá martes 11 de marzo ás 19:25h celebramos a nosa primeira colaboración co Cineclube Mazarelos proxectando Raparigas de uniforme dentro do ciclo "Cinema LGBTQ+ e censura". A sesión contará con presentación e coloquio coordinados por membros da asociación.
Raparigas de uniforme é unha obra moi singular. Estreada en 1931 e dirixida pola austrohúngara Leontine Sagan coa colaboración do cineasta alemán Carl Froelich, a película pasou á historia do cinema por ser unha das primeiras obras en tratar abertamente o lesbianismo. Adaptación do libro homónimo de Christa Winsloe, a película está ambientada nun ríxido internado no que ingresa a adolescente Manuela tras o falecemento de seu pai. Manuela, ao igual que todas as rapazas do centro, suspira por Elizabeth, a profesora máis nova da institución.
A pesar de contar cun argumento tan arriscado para o seu tempo, o filme foi todo un éxito de crítica e público na súa estrea na República de Weimar, se ben sería prohibida tras o ascenso nazi ao poder por mor da súa crítica aberta á rixidez prusiana e as condutas autoritarias.
O filme, protagonizado en exclusiva por mulleres, é todo un referente pioneiro do cinema lésbico e a súa proxección inclúese no ciclo "Cinema LGBTQ+ e censura" que durante todo o mes celebra o Cineclube Mazarelos na Facultade de Filosofía e que terá en NUMAX este pase especial. A sesión contará con presentación e coloquio conducida por membros da asociación.
- Hoxe
- Ver máis
-
-
Diamantes da noite
VOSG
-
-
Grand Tour
VOSE