Cinema

O #Cineuropa34 vívese en NUMAX

Un ano máis fainos moita ilusión anunciar que o Cinema NUMAX vai ser unha das sedes principais do 34 Festival Cineuropa, cunha proposta ampla e variada que inclúe obras gañadoras dos principais festivais de cinema de autoría do mundo. Velaquí tedes o detalle do programa para NUMAX que terá lugar do 9 ao 19 de novembro.

Cada mes de novembro o Festival Cineuropa achega a Compostela algúns dos títulos máis relevantes da tempada no cinema de autoría internacional e neste estraño 2020 non vai faltar á súa cita. A proposta do #34Cineuropa para NUMAX inclúe algunhas das fitas máis destacadas do ano, como a Cuncha de Ouro en Donostia Beginning—, o Oso de Ouro na Berlinale  There Is No Evil— ou o Oso de Prata no festival berlinés  The Woman Who Ran—. Tamén acolleremos algunhas das obras máis salientables de festivais como Sitges, Rotterdam, Cinéma du Réel ou Valladolid, nunha aposta decidida por unha programación variada que combina diferentes xéneros e linguaxes: thriller, fantástico, documental, etc. Coma sempre o cinema galego terá un espazo destacado, incluíndo a presentación en Galicia de Nación, de Margarita Ledo Andión. 

Luns 9 de novembro
16:00
La dosis (Martin Kraut, 93')
18:00 Palabras para un fin del mundo (Manuel Menchón, 93') * Presentación e coloquio co director
20:15 Apples (Christos Nikou, 90')

Martes 10 de novembro
16:30
Bliss (Joe Begos, 80')
18:30 El prófugo (Natalia Meta, 90')
20:30 She Dies Tomorrow (Amy Seimetz, 86')

Mércores 11 de novembro
16:30
Palabras para un fin del mundo (Manuel Menchón, 93')
18:45 The Trouble with Being Born (Sandra Wollner, 94')
20:45 The Woman Who Ran (Hong Sang-soo, 77')

Xoves 12 de novembro
16:00
Desterro (Maria Clara Escobar, 127')
18:30 La dosis (Martin Kraut, 93')
21:00 Sondergut (Sergio Sotelo, 49')

Venres 13 de novembro
16:00
Curtas galegas Sesión I (Lara Alonso / Pablo Vázquez, 70') * Presentación e coloquio
18:15 A poeta analfabeta (Sonia Méndez, 71')
20:00 The Best Is Yet to Come (Jing Wang, 115')

Sábado 14 de novembro
15:45
Apples (Christos Nikou, 90')
17:40 L'angle mort (Patrick-Mario Bernard / Pierre Trividic, 104')
20:00 Ángeles con espada (Javier Rioyo, 89') * Presentación e coloquio co director

Domingo 15 de novembro
16:15
Narciso em Férias (Ricardo Calil / Renato Terra, 83')
18:00 La nuit des rois (Philippe Lacôte, 92')
20:00 Beginning (Dea Kulumbegashvili, 130')

Luns 16 de novembro
16:30
El año del descubrimiento (Luis López Carrasco, 200')
20:30 She Dies Tomorrow (Amy Seimetz, 86')

Martes 17 de novembro
16:00
Malmkrog (Cristi Puiu, 200')
20:10 A Witness of the Blue (Fung Chi-Keung, 104')

Mércores 18 de novembro
17:00
There Is No Evil (Mohammad Rasoulof, 150')
20:00 La nuée / A nube (Just Philippot, 100')

Xoves 19 de novembro
16:00
Curtas galegas Sesión II (VV.AA., 93')
18:00 Nación (Margarita Ledo Andión, 80')
20:00 Padrenostro (Claudio Noce, 122')

Descarga o programa completo do festival premendo aquí.