O Cineuropa 37 vívese en NUMAX
Do 10 ao 21 de novembro a programación de NUMAX estará dedicada ao 37º Festival Cineuropa, acollendo algunhas das liñas de programación máis suxestivas do certame. Durante este tempo manteremos os pases matinais das últimas estreas da sala.
Desde o venres 10 ao martes 21 de novembro en NUMAX seremos sede da 37ª edición de Cineuropa, doce xornadas nas que proxectamos pezas de diferentes programacións do certame, coa visita de cineastas para ofrecer presentación e coloquio dos seus filmes, exemplos emerxentes do Audiovisual Galego, e citas con seccións especiais desta edición como o Foco Homenaxe a João Canijo, o recordo a Jorge Semprún no seu centenario, dos 50 anos do Golpe militar en Chile ou os 40 anos de democracia en Arxentina. A proposta complétase con fitas da Sección Oficial, Fantastique Compostela e a liña que dá título á edición: O mundo está tolo, tolo, tolo. Velaquí o programa completo:
Venres 10 de novembro
16:00 L'attentat / O atentado
18:15 Un chapeau de paille d'Italia / Un chapeu de palla de Italia
20:15 La última noche de Sandra M. + Presentación e coloquio
22:00 Stavisky
Sábado 11 de novembro
17:00 Xuventude Crea
18:45 Bên trong vỏ kén vàng / Inside the Yellow Cocoon Shell
22:00 La última noche de Sandra M. + Presentación e coloquio
Domingo 12 de novembro
16:30 Les routes du sud / As rutas do sur
18:30 Programa Curtas 2 (Espantos e desencantos + Na pel da memoria + Din que non falan + Lique + Habitar) + Presentación e coloquio
20:15 Sangue do meu sangue
Luns 13 de novembro
17:00 L'aveu / A confesión
19:45 Rapiña
22:00 Los paisajes
Martes 14 de novembro
16:45 Trabalho de actriz, trabalho de actor
18:30 Sangue do meu sangue
22:00 Más negro que la noche
Mércores 15 de novembro
16:30 Las veredas de Saturno
19:10 La guerre est finie / A guerra rematou
21:30 Kiss Me, Stupid / Bïcame, estúpido
Xoves 16 de novembro
17:30 Here / Aquí
19:15 Astrakan 79 + presentación e coloquio
21:00 L'aveu / A confesión
Venres 17 de novembro
16:30 Anselm - Das rauschen der zeit / Anselm
18:20 O caminho de Ramón Chao + Presentación e coloquio
20:15 El juicio
Sábado 18 de novembro
16:15 Tampopo
18:30 Animal
20:45 It's a Mad, Mad, Mad, Mad World / O mundo está tolo, tolo, tolo, tolo
Domingo 19 de novembro
17:30 Les deux mémoires / As dúas memorias
20:15 Il pleut dans la maison / Está chovendo na casa
22:00 Sullivan's Travels / As viaxes de Sullivan
Luns 20 de novembro
16:00 Fátima
18:50 Carmen Castillo: La flaca Alejandra + Presentación e coloquio
20:30 La estafa del amor + Presentación e coloquio
22:30 La guerre est finie / A guerra rematou
Martes 21 de novembro
16:20 La estafa del amor
18:15 Programa Curtas 3 (Alicia fai cousas + Lavadoiro + O neno sardiña + Hondarrak) + Presentación e coloquio
20:15 Carmen Castillo: Calle Santa Fe + Presentación e coloquio