Libraría

Claudia González Caparrós presenta o poemario «Te miro como quien asiste a un deshielo»

O xoves, 20 de decembro ás 20:00 Claudia González Caparrós presenta Te miro como quien asiste a un deshielo (La Bella Varsovia, 2018) acompañada do poeta Juan Bello Sánchez.

"Como nomear aquilo que queremos? A linguaxe de Claudia González Caparrós fala dun desexo ao que se renuncia, pero que non se esgota; se cadra para fixalo, ou para esquecelo. Te miro como quien asiste a un deshielo é un libro profundamente carnal e profundamente físico, que afonda na desprotección que sentimos ao descubrirnos sós. Á dor da ruptura acompáñaa o silencio e a urxencia, a confusión, a certeza dunha perda irreparábel. Desde a intimidade, a memoria enténdese como un exercicio de renuncia e de esperanza, como unha emoción nítida que acabará difuminándose: interrómpese a luz, pero as augas permanecen temblorosas."

Claudia González Caparrós naceu na Coruña en 1993. É graduada en Estudos Literarios pola Universitat de Barcelona e cursou un máster en historia da arte contemporáneo na Universidade Autónoma de Madrid. O seu poemario Si la carne es hierba (Sully Morland) (La Bella Varsovia, 2015) obtivo o accésit do VIII Premio de Poesía Nova ?Pablo García Baena?. Actualmente está a completar os seus estudos en literaturas hispánicas na Universidade de Indiana (Estados Unidos).