Aberta a inscrición para o primeiro cuatrimestre do club de lectura NUMAX – Irmás Cartoné 2024
PRAZAS COMPLETAS. Volve o Club de Lectura organizado entre a Libraría NUMAX e a editorial Irmás Cartoné. Neste primeiro bloque temático de 2024, coordinado por Carlos Valdés e Celia Recarey, as lecturas centraránse en obras literarias poscoloniais. A actividade conta co apoio do Concello de Santiago de Compostela.
A primeira parte do club, que irá de febreiro a xuño de 2024, a temática serán a literatura poscolonial e leranse os seguintes títulos, un por mes: en febreiro Caderno dun retorno á terra natal, de Aimé Césaire (Laiovento); en marzo Maitreyi (La noche bengalí) de Mircea Eliade (Delirio); en abril Mircea (El amor no muere) de Maitreyi Devi (Delirio); en maio Huaco retrato de Gabriela Wiener (Random House) e en xuño La más recóndita memoria de los hombres de Mohamed Mbougar Sarr (Anagrama). Formaranse dous grupos que se xuntarán nas seguintes datas:
GRUPO 1: 20 de febreiro, 19 de marzo, 24 de abril, 21 de maio, 18 de xuño.
GRUPO 2: 27 de febreiro, 20 de marzo, 30 de abril, 28 de maio, 25 de xuño.
O club de lectura de NUMAX e Irmás Cartoné é de inscrición gratuíta. Para apuntarte é necesario escribir ao correo electrónico [email protected] indicando o nome, apelidos, contacto de teléfono e preferencia de grupo (importante indicar estes 4 datos). A inscrición será por rigurosa orde de chegada das solicitudes.
Máis información sobre o funcionamento do club de lectura:
- A libraría ofrecerá un 5% de desconto ás persoas que se anoten no clube de lectura e que queiran mercar os libros propostos en NUMAX.
- As sesións serán de periodicidade mensual, cunha duración de aproximadamente dúas horas e terán lugar na libraría NUMAX, os últimos martes de cada mes a partir das 20.00 da tarde