Libraría

Aberta a inscrición para o segundo cuatrimestre do club de lectura NUMAX – Irmás Cartoné 2023

PRAZAS ESGOTADAS!. Volve o Club de Lectura organizado entre a Libraría NUMAX e a editorial Irmás Cartoné. Neste segundo bloque temático de 2023, coordinado por Carlos Valdés e Celia Recarey, as lecturas centraránse nas viaxes como tema. A actividade conta co apoio do Concello de Santiago de Compostela. 

Neste cuadrimestre, que irá de setembro a decembro de 2023, a temática será as viaxes e leranse os seguintes títulos, un por mes: en setembro Tú, una bici y la carretera de Eleanor Davis (Astiberri); en outubro Ninguén queda de Brais Lamela (euseino?); en novembro El vestido blanco de Nathalie Léger (Sexto Piso); e en decembro Cantos de sirena de Charmain Clift (Gatopardo Ediciones). Formaranse dous grupos que se xuntarán nas seguintes datas:

GRUPO 1: 12 de setembro, 10 de outubro, 14 de novembro e 12 de decembro.
GRUPO 2: 19 de setembro, 17 de outubro, 21 de novembro e 19 de decembro.

O club de lectura de NUMAX e Irmás Cartoné é de inscrición gratuíta. Para apuntarte é necesario escribir ao correo electrónico [email protected] indicando o nome, apelidos, contacto de teléfono e preferencia de grupo (importante indicar estes 4 datos). A inscrición será por rigurosa orde de chegada das solicitudes. 

Máis información sobre o funcionamento do club de lectura:

  • A libraría ofrecerá un 5% de desconto ás persoas que se anoten no clube de lectura e que queiran mercar os libros propostos en NUMAX. 
  • As sesións serán de periodicidade mensual, cunha duración de aproximadamente dúas horas e terán lugar na libraría NUMAX, os últimos martes de cada mes a partir das 20.00 da tarde