Libraría

A Libraría NUMAX acolle unha conversa e unha lectura entre as poetas Branca Trigo e Samuel Merino

Libraría NUMAX acollerá o próximo xoves 21 de setembro ás 20:00h da tarde a conversa entre as poetas Branca Trigo e Samuel Merino, e a lectura das súas últimas obras Con do loreCon esta hoz, respectivamente. A entrada é libre ata completar aforo.

Samuel Merino. Nado en Mos (Pontevedra) é licenciado en Filosofía pola Universidade de Santiago de Compostela e con formación en artes escénicas. Foi socio da Compañía Teatral Xerpo (O Porriño – Pontevedra) entre 2012 e 2016 e traballou durante longos períodos na Sala Ingrávida. En 2019 publicou o seu primeiro poema en castelán Enésima Patada con Amor presentado, ademais de en diferentes cidades de Galicia, na Sala de Teatro El Umbral de Primavera (Madrid) e no Museo Pompidou de Málaga dentro da décima edición do International Festival de Poesía Irreconciliables. Su libro de poemas Trementina foi publicado pola Editorial Talón de Aquiles. Guantanamera. Poema nun só acto é o seu terceiro libro. 

Branca Trigo (Vigo, 1997) Codirixe a editorial Malafera, onde publicou o seu libro Coñecemento do Medo en 2021, e organiza xunto con outres autores o micro aberto Cerimonia de gaivotas. O seu segundo poemario, Condolore, viu a luz no ano 2022 da man da editora Urutau. Participou en diversas publicacións colectivas como o volume A lingua en futuro: a mocidade imaxina o 2050 (Catroventos, 2023) e a antoloxía LGBTQIA Alguén nos lembrará (Xerais, 2023); e gañou certames de poesía coma o do Concello de Ames e o da Universidade de Vigo.