A escritora Cristina Sánchez-Andrade presenta «La nostalgia de la mujer anfibio» na Libraría NUMAX
A Libraría NUMAX acollerá o sábado 19 de febreiro a firma de libros e a presentación da novela de Cristina Sánchez-Andrade, «La nostalgia de la mujer anfibio», editada por Anagrama. Nesta ocasión a presentación terá un novo formato. Faranse dúas quendas, a primeira ás 19:30 e a segunda ás 20:20, nas que a autora estará acompañada pola escritora Inma López Silva. Imaxe © Carlos Porras.
O novo libro de Cristina Sánchez-Andrade, La nostalgia de la mujer anfibio, é unha novela que ten a Galicia como escenario. A combinación dun feito histórico real, como foi o naufraxio do vapor Santa Isabel na madrugada do 2 de xaneiro de 1921 na ría de Arousa, fronte a Illa de Sálvora, sérvelle a escritora para realizar un percorrido pola historia de tres xeracións de mulleres dunha vila pesqueira así coma dos personaxes memorables que a poboan. O acto de presentación está organizado cun novo formato na que haberá dúas quendas para asistir á presentación, a primeira ás 19:30h e e a segunda ás 20:20h. Ao remate destas, nas que Cristina Sánchez Andrade estará acompañada pola escritora Inma López Silva, realizarase unha firma de libros aberta ao público.
Para asistir ao acto é preciso reservar praza para algunha destas dúas quendas horarias no correo [email protected]. Prégase puntualidade, pois naqueles casos nos que as anotadas non acudan na hora, a organización disporá da súa cadeira para as persoas da lista de agarda. Ademais, o acto será retransmitido a través das nosas redes sociais en Facebook e Instagram Live (@numaxcoop).
Cristina Sánchez-Andrade é escritora, crítica literaria e tradutora. Licenciada en Ciencias da Información e en Dereito, é natural de Santiago de Compostela. Actualmente vive en Madrid, onde compaxina a súa labor como novelista coa docencia universitaria e con colaboracións en distintos medios como La Voz de Galicia ou El País. En Anagrama publicou Ya no pisa la tierra tu rey (Premio Sor Juana Inés de la Cruz 2004); Las Inviernas; Alguién bajo los párpados; e o libro de contos El niño que comía lana, galardoado co XVII Premio Setenil ao mellor libro de relatos. Tamén cultivou xéneros como a poesía no libro Llenos los niños de árboles (La Bella Varsovia, 2019) e o ensaio en Escribir un árbol, plantar un hijo y tener un libro (Triacastela, 2020) . A súa obra foi traducida ao inglés, portugués, italiano, polaco e o ruso.
- Hoxe
- Ver máis
-
-
-
-
Parthenope
VOSE
-
-
Oh, Canada
VOSG
-
-
Parthenope
VOSE