NUMAX

Volve o Curtocircuíto a NUMAX

Un ano máis, vivimos parte do Festival Curtocircuíto en NUMAX. Do 2 ao 5 de outubro, o Cinema NUMAX será unha das sedes do certame, con algunhas sesións especiais que contarán coa presenza dos cineastas.

Entre o mércores 2 e o sábado 5 de outubro o Cinema NUMAX contará coas seguintes proxeccións, cuxas entradas se poden adquirir en liña a través da páxina de Compostela Cultura, e presencialmente na billeteira de NUMAX a partir do venres 27 e no Teatro Principal.

MÉRCORES 2 DE OUTUBRO
22:00 | Kevin B. Lee ft. Harun Farocki

XOVES 3 DE OUTUBRO
20:00 | Terra | Nacho Alonso
22:00 | Púlsar | Laura Huertas Millán

VENRES 4 DE OUTUBRO
22:00 | Filmmakers x Filmmakers

SÁBADO 5 DE OUTUBRO
20:00 | Púlsar | Laura Huertas Millán