Cinema

O 20º Festival Curtocircuíto vívese en NUMAX

O Festival Internacional de Cinema Curtocircuíto celebra a súa vixésima edición e en NUMAX temos a honra de ter sido sede en nove delas. Neste 2023 acolleremos 5 sesións nas que teremos cinema galego, charlas, cartas brancas e moito máis. Comezamos!

Un ano máis alégranos anunciar a participación de NUMAX como unha das sedes do Festival Internacional Curtocircuíto. Nesta vixésima edición do certame as proxeccións na nosa sala terán lugar do xoves 5 ao sábado 7 cun total de 5 sesións que contará coa presenza das súas autoras para permitirnos coñecer de preto candaseu proceso creativo.

Xoves 5 | 19:45
Eeeh... Ben, ok. Chatea co estudo de animación experimental Rapapawn
Na súa teima por influír na intersección de disciplinas, Curtocircuíto convida ao colectivo Rapapawn a falar da súa obra gráfica e se expande ao mundo da animación e as imaxes en movemento. Deste cruce xorde a proposta que lles fai o festival para levar en directo o seu traballo visual da man do seu compañeiro de xeración, Pantis.

Venres 6 | 19:45
Anneke Necro: Fantasía para unha nova erótica
A narrativa fantástica xunto á expresión do onírico pode abrirnos camiño a relatar unha nova erótica afastada dos principios da normatividade. Atreverse a cruzar o límite da sexualidade non convencional e manifestala no cine, segue sendo un reto a día de hoxe e elementos como o mito, a imaxinación, a estética e o fantástico son perfectos catalizadores tanto da experiencia erótica como da súa representación cinematográfica.

Venres 6 | 21:00
Carta branca: Elena Martín Gimeno
A directora catalá propón unha selección de pezas que teñen influído na súa longametraxe Creatura. Proxectaranse O home máis fermoso do mundo de Alicia Duffy, Junior de Julia Ducournau, Gang de Álex Sarda e Suc de Sindria de Irene Moray.

Sábado 7 | 19:45
Terra | Arancha Brandón
Sesión de curtametraxes da emerxente cineasta viguesa Arancha Brandón que inclúe a proxección de Cando mamá pechou as caixas (2018, 17'), Unha mañá típica (2019, 7'), Uvas amargas(2020, 2'), Olalla (2021, 2') e Vertixe (2023, 1')

Sábado 8 | 21:00
Pedro Maia: analogue & live cinema & visual music
Desde hai 20 anos, Curtocircuíto insistiu en expandir a súa programación máis aló da experiencia tradicional na sala de proxección. Como festival de cinema esforzámonos en explorar outros terreos onde as artes visuais abren camiño a novas linguaxes e, por iso, os ao vivo cinemas, ao vivo AVS e outro tipo de performances audiovisuais foron parte fundamental da nosa programación.