Libraría

«Debuxar a memoria»: encontro coa ilustradora Ana Penyas na Libraría NUMAX

A Libraría NUMAX acolle «Debuxar a memoria: narrativa gráfica e investigación social», unha conversa con Ana Penyas, Premio Nacional de Cómic 2018, o xoves 10 de xullo ás 19:00h. A ilustradora dialogará cos espcialistas en antropoloxía Íñigo Sánchez-Fuarros e Cristina Sánchez-Carretero. Esta actividade está dentro do ciclo «Charlas con xeito» do Incipit-CSIC. A entrada é libre ata completar aforo.

A ilustradora Ana Peyas falará sobre a a súa traxectoria, o proceso creativo que sustenta a súa obra e os cruces entre narrativa gráfica e investigación social. Xuntas explorarán como os seus cómics abordan a memoria familiar, a historia recente e as transformacións sociais, reflexionando sobre o potencial da linguaxe gráfica como ferramenta para explorar e comunicar as realidades contemporáneas.

«Charlas con xeito» é un ciclo de diálogos promovido por XEITO, o Laboratorio de creación etnográfica do Instituto de Ciencias do Patrimonio (INCIPIT, CSIC). Estas conversas exploran os territorios compartidos entre a investigación en humanidades e ciencias sociais e a experimentación artística.

Ana Penyas (Valencia, 1987) é unha ilustradora e autora de cómic. Entre os seus proxectos más destacados atópase Estamos todas bien (Salamandra Graphic, 2017) onde fala das súas avoas e a xeración de mulleres crecidas no Franquismo e polo que recibiu o premio de autora revelación nacional do Salón do Cómic de Barcelona e o Premio Nacional de Cómic 2018. Publicou diversos álbumes ilustrados onde destacan os seus traballos en torno á memoria histórica En transición (Barlin libros, 2017), Mexique, el nombre del barco (El zorro rojo, 2017). Colaborou como ilustradora en diversos proxectos colectivos como Pikara Magazine, o fanzine No van ser tres mesos de lluita, van ser dos anys d'aprenentatge ou a publicación do colectivo Territorio doméstico. Biosindicalismo desde los territorios domésticos. En 2021 publicou Todo bajo el sol (Salamandra Graphic, 2018) unha reflexión sobre a transformación do levante peninsular a raíz do turismo polo que gañou o Premio Éco-Fauve RAJA por «Sous le soleil» no Festival de la Bande Dessinée d'Angoulême – 50 édition. 2023 e o Premio ACDCómic mellor obra nacional 2021. O seu último proxecto En una casa. Genealogía del trabajo del hogar y los cuidados é unha exposición que desenvolveu xunto á antropóloga Alba Herrero Garcés no Instituto Valenciano de Arte Moderno IVAM (novembro 2022- abril 2023).