Librería

O 16 de maio celebra o Día das Letras Galegas co desconto do 10% nas túas compras de libraría

O martes 16 de maio, antesala do Día das Letras Galegas que neste ano 2023 homenaxea a Francisco Fernández del Riego, terás un 10% de desconto nas compras que fagas en NUMAX, tanto física como en liña. Achégate á Libraría para vivir unha xornada chea de actividades e para botarlle un ollo á nosa selección de recomendacións!

Para o martes 16 de maio temos preparada unha xornada chea de sinaturas! De mañá, ás 12h30 Nee Barros firmará exemplares de Nom estamos quebrades (Cuarto de Inverno), V Premio María Victoria Moreno de Literatura Xuvenil, e ás 13h00 Eduard Velasco firmará o seu Animalario de ler a diario (Xerais). Pola tarde será a quenda da poesía, ás 18h30 Antía Otero firmará exemplares de Barroco (Apiario), Premio Follas Novas ao Mellor Libro de Poesía de 2023, e ás 19h30 Lupe Gómez firmará exemplares de Montaña ioga, XXI Premio de Poesía Fiz Vergara Vilariño. 

O martes 16 de maio haberá un 10% de desconto (en tenda e na páxina web) en todos os libros en galego. O noso horario para ese día é de 10:30 a 14:00h (mañá) e de 16:00 a 20:30h (tarde). No propio Día das Letras, o mércores 17 de maio, por ser festivo, a libraría permanecerá pechada pero o desconto do 10% estará activo na nosa tenda web No blog da Libraría fixemos unha lista de recomendacións con novidades en galego para que poidas coller ideas!