Libraría

O Día das Librarías chega a NUMAX

A Libraría NUMAX celebra o venres 11 de novembro o Día das Librarías, un evento organizado por CEGAL no que participan miles de libreiros de toda España e que inclúe un desconto do 5% en vendas e un horario de apertura ampliado até as 22:00 horas.

Como cada ano CEGAL (Confederación Española de Gremios e Asociacións de Libreiros) organiza o Día das Librarías, un evento que implica cada ano a miles de librarías que, ademais de ofrecer descontos na compra de libros, desenvolven actividades relacionadas coas librarías como espazo de encontro e intercambio cultural. Seguindo esta liña, desde a Libraría NUMAX elaboramos unha escolla bibliográfica na que a propia libraría sexa a gran protagonista. Agardámosvos o venres 18 de novembro con descontos, propostas literarias e máis sorpresas que terán lugar durante todo o día até as 22:00.