Libraría

Ven celebrar o Día das Librarías a NUMAX!

Este venres 11 de novembro unímonos á celebración do Día das Librarías co 10% de desconto en todos os libros tanto en tenda como na nosa páxina web. Na xornada acolleremos dúas sinaturas, estarán con nós Ismael Ramos, Premio Nacional de Poesía Joven «Miguel Hernández», e a escritora Marilar Aleixandre, galardoada co Premio Nacional de Narrativa 2022.

Como cada ano CEGAL (Confederación Española de Gremios e Asociacións de Libreiros) organiza o Día das Librarías, un evento que implica a miles de librarías que, ademais de ofrecer descontos na compra de libros, desenvolven actividades relacionadas coas librarías como espazo de encontro e intercambio cultural. Unha das boas noticias tras dous anos de pandemia é que as librerías sobreviviron e gozan de boa saúde. E isto ocorreu grazas ao apoio dos lectores e, sobre todo, ao esforzo do sector para explorar novas vías de colaboración entre competidores e de interacción cos clientes.

Para esta ocasión, agardámosvos co 10% de desconto en todos os libros da Libraría NUMAX e dúas sinaturas de libros coa escritora Marilar Aleixandre, galardoada co Premio Nacional de Narrativa 2022, ás 18h00 da tarde e Ismael Ramos, Premio Nacional de Poesía Joven 2022, a partir das 19h00.