Dicir as marxes #03 con Valeria Mata: «Estar en paz coa ambigüidade.»

Retomamos a actividade «Dicir as marxes» cun encontro coa antropóloga Valeria Mata o xoves 11 de setembro ás 20:00h baixo o tíulo «Estar en paz coa ambigüidade». No encontro estará acompañada pola xornalista e escritora Xiana Arias. Esta actividade está comisariada pola Libraría NUMAX e subvencionada pola Deputación da Coruña.
Fronte ás operacións de captura que buscan incluilo todo nun xénero ou réxime único, que escapes son posibles? Podemos relacionarnos co estraño sen pretender explicalo ou resolvelo? Como non capturar a marxe e evitar que o ex-céntrico se volva centro? Nesta conversación, acompañada de imaxes en movemento, sons e exercicios para desprazar a mirada, deixarémonos guiar por nocións provocativas, como o estranxeiro, o indeterminado e o desviado. Abrirémola porta a esa posibilidade da que falaba John Keats nunha carta, a de “estar en paz coa ambigüidade, quedarse coa dificultade das contradicións e non saber, acoller a pluralidade das versións”.
Valeria Mata é investigadora e antropóloga social. Cursou estudos na Universidade Complutense de Madrid, na Universidade Autónoma Metropolitana de Cidade de México, e na Escola de Estudos Asiáticos e Africanos en Londres. As súas liñas de investigación céntranse nos cruces entre as prácticas artísticas e a antropoloxía, a antropoloxía da viaxe e o turismo, e a dimensión política e cultural da comida. De 2015 a 2019 dirixiu MUEVE, unha biblioteca pública itinerante de publicacións independentes latinoamericanas. É autora dos libros Todo lo que se mueve (Comisura) e Plagie, copie, manipule, robe, reescriba (Comisura), publicados en España en 2022 e 2024 respectivamente.
- Hoxe
- Ver máis
-
-
-
-
Materialistas
VOSE
-