Libraría

Eduardo Romero presenta o libro «Centímetro a centímetro» na Libraría NUMAX

A libraría NUMAX acolle a presentación de Centímetro a centímetro (Pepitas de calabaza) de Eduardo Romero o vindeiro xoves 31 de outubro ás 19h00. O autor estará acompañado pola xornalista Silvia López. A entrada é libre ata completar aforo.

Unha muller e un anciá. Xuntos recorren un día, nunha especie de baile a cámara lenta. Di a nai do editor que «nadie sabe o que é isto ata que che toca».

Eduardo Romero escribiu un texto que en realidade é un buraco polo que se pode ver o minuto a minuto dun anciá e a muller que o coida. Un pequeno libro —máis que necesario— que nos permite facernos cargo dunha das cuestións máis imperiosas do noso tempo.

Eduardo Romero estará de xira en Galicia pola súa participación no III Encontro Ibérico Contra os Impactos sociais e ambientais da Minaría que se celebra en Touro os días 1, 2 e 3 de novembro. Sobre este tema, Romero escribiu libro ¿Cómo va a ser la montaña un dios?, unha viaxe de ida e volta por dous universos separados por miles de quilómetros, pero interconectados por varios fios: o carbón e a minaría, o capital e a súa lóxica portuaria, a migración e o exilio.

Eduardo Romero escribiu numerosos libros dedicados á crítica da política migratoria, entre eles: Quién invade a quién. Del colonialismo al II Plan África (2011), Un deseo apasionado de trabajo más barato y servicial. Migraciones, fronteras y capitalismo (2010), A la vuelta de la esquina. Relatos de racismo y represión (2008) e Quién invade a quién. El Plan África y la inmigración (2007). Máis recentemente publicou Autobiografía de Manuel Martínez (2019), En mar abierto (2021) e ¿Cómo va a ser la montaña un dios? (2022). Centímetro a centímetro (2024) é o seu último libro.